jueves, 22 de mayo de 2014

MAIO, MES DE MOITAS PALABRAS

Maio, maio, frores de maio
Traio moitas para encher o saio.
Maio, maio, maio me encanta,
fago con frores maios de moitas cores.
Ven facer maios ao cole comigo e canta!

Así cantaba o alumnado dunha das aulas de 5 anos de Educación Infantil adaptando un remix entre unha melodía popular e o Maio Longo de Rosalía de Castro no noso Festival das Letras Galegas. Houbo moito mais, recitados de poemas, cancións, dramatizacións... Desde a interpretación cantada e recitada de poemas de Díaz Castro a pequenas homaxes musicais a Rosalía de Castro, como o "Do mar pola orela", entrañable poema de Curros Enríquez adicado á morte da musa dos pobos que cantou un dos grupos de primeiro de Primaria. A todos eles e elas, alumnado e profesorado, agradecemos estas pequenas colaboracións en prol do coñecemento e difusión da nosa lingua.
Retratos de Díaz Castro realizados por alumnado de 5 anos

Pero maio encheunos con mais palabras , as da terceira edición en colaboración co EDNL do "Nós tamén contamos", intercambio de contos e relatos orais en galego realizados entre as aulas. Aquí vos deixamos o resumo dos relatos interpretados e o alumnado que os disfrutou.
  • 3 anos B: “O xogo da carrasquiña” a 6ºB
  • 4 anos C. Canción “Fun o mercado” a 3 anos C
  • 5 anos A . Conto “ A Casa da Mosca Chosca” a 5º B
  • 2º C . Conto “ A que sabe a lúa?”
  • 3 anos C . Adaptación do poema de Rosalía Morlán “Vai a nena para escola”
  • 4 anos B. Conto “A señora Paca” a 6ºC
  • 5 anos C. Conto. “A noite das mudanzas” a 5ºC
  • 5ºC “Alí Babá e os 20 ladróns “ (adaptación do conto popular) a 5 anos C.
  • 2ºB. “Un gato na árbore” a 5 anos A.
  • 5ºA. Adaptación do conto popular“O gato con Botas” a 2ºA.
  • 2ºA . Conto inventado polo alumnado ”Os nenos recicladores”
  • 5ºB . Adaptación do conto “A ratiña presumida”a 5 anos B
  • 6ºA . Conto inventado polo alumnado titulado “O gato Guille e os Monstruos” a 1ºB
  • 6ºB. Conto inventado polo alumnado”O misterio da coroa” a 4 anos B,
  • 6ºC. Conto inventado polo alumnado titilado” O poder de Matilda” a 2ºC
  • 5 anos B. Conto “ A mora “ a 2ºB
  • 1ºA. Conto “A pota Máxica” a 3 anos B,
  • 4 anos A. “ A lúa cega” (refráns de abril e maio) a 6ºA
  • 1ºB.“Poemas de primavera”a 1ºC.

    E para rematar deixámosvos co vídeo elaborado na Biblioteca a partires da exposición fotográfica que organizamos no centro conxuntamente co EDNL en homaxe a  Díaz Castro e a súa Penélope. Grazas ao alumnado do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais do IES Antón Fraguas que musicou e interpretou este poema, estreado no CMUS de Santiago, do que algúns son alumnos, por permitirnos utilizalo como fondo da nosa montaxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario