jueves, 10 de abril de 2014

ABRIL MES DOS LIBROS: UN CONTO MUSICAL PARA O FOMENTO DA LECTURA

O 7 de abril e baixo o título xenérico de "Os sons dos contos" profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela achegouse ao noso centro para ofrecernos un inesquecible concerto dirixido ao alumnado de Educación Infantil abrindo, ao tempo, unha canle para elaborar un proxecto colaborativo co centro. A proposta inicial foi a de elaborar un conto a partires do programa escollido para o concerto e alí nos puxemos mans á obra...e como non podía ser de outra maneira no mes que nos ocupa, o conto que elaboramos no centro como fío conductor falaba dun libro, dun soño, dunha viaxe, dunha biblioteca...e de Marco, un neno de 3 anos que quere aprender a ler. Ao tempo a profesora de Música dos pequenos realizou nas aulas un traballo previo coas audicións dalgunhas das obras e así o alumnado puido interactuar no concerto coreografiando "A primavera" de Vivaldi, tocando o violín, acompañando coa pequena percusión "Mango Walk", batendo palmas a incombustible "marcha Radetsky", cantando o "Alouette" e algún que outro fragmento de "A frauta máxica", proxecto que tamén estamos a documentar desde a Biblioteca.
A velada... , participativa, entretida , case máxica observando a aqueles 225 pequenos ouvintes escoitar atentamente un concerto, en canto a duración, de formato case adulto. Unha hora de sons dun conto para un neno que quería aprender a ler.
 Grazas a Marta, Roberto, Ana Isabel, Xusa e Alexandra, profesor@s do CMUS de Santiago, por achegar ao noso alumnado dun xeito tan esencial e entretido ao mundo dos sons, da música...e grazas, como non, ao profesorado do centro que coa súa axuda fai que estes proxectos colaborativos sexan posibles.
http://www.conservatoriosantiago.com/index.php/centro/departamentos/corda/811-os-sons-dos-contos-2014 

Dani e Marcos, alumnos de 3 anos interpretando "Campanitas"

 

 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario