lunes, 21 de abril de 2014

22 DE ABRIL: DÍA DA NAI TERRA

O 22 de abril celebramos internacionalmente o Día da Nai Terra, este ano Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU déixanos unha entrañable mensaxe: "Fago un chamamento no Día da Terra 2014 a que todas as persoas do mundo alcen a súa voz e falen en nome deste planeta, o noso único fogar. Coidemos da nosa Nai Terra para que esta poida seguir coidando de nós como o ten feito durante milenios" Este ano o lema do Día da Terra é "Cidades verdes". Un lema que nos lembra que mais da metade da poboación mundial vive nas cidades e que cada vez mais se convirte nunha imperiosa necesidade que fagamos noso un xeito de vida sostible e respetuoso coa Nai que nos deu a vida e que agora toca coidar: a Nai Azul, a Terra onde vivimos.
Desde a páxina da ONU podedes chegar ao enlace das Cidades Verdes onde atoparedes unha chea de suxestións e informacións sobre esta campaña.
 
Hoxe, desde a nosa biblioteca queremos aunar a proposta das Cidades Verdes coa do Día da Terra da NASA que nos invita a realizar un "selfie" (autoretrato coa cámara fotográfica) e subila, sempre co permiso dos teus pais, ás redes sociais, tal e como explica na súa páxina, para crear un gran mosaico de imaxes do noso planeta. Faite un "selfie" e amosa ao mundo o teu anaco de Cidade Verde!
Infórmate en: http://www.lanasa.net/
E, lembrando os desexos de Ban Ki-moon deixámosvos aos St. Phillip's Boys Choir cantando á beleza da Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario