domingo, 23 de febrero de 2014

24 de febreiro, Día de Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a muller que fixo reverdecer de novo o galego como lingua escrita: Rosalía de Castro. Por iso hoxe, 24 de febreiro queremos facerlle unha pequena homaxe de aniversario lembrando o vídeo que elaboramos poñéndolle as nosas voces ao poema que adicou "Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca" ("Roxiña cal sol dourado...) do seu libro "Cantares Gallegos", o primeiro libro editado íntegramente en galego e da man dunha muller naquela época en que as prumas estaban en mans dos homes.



E como andamos esta tempada traballando nos retratos, aquí deixamos algúns monumentos adicados a Rosalía que podes atopar paseando por Compostela. Sabes onde están? Pois déixanos un apuntamento no buzón da Biblioteca.

 
 

Mais retratos...para rematar un vídeo de retratos de Rosalía e a súa familia editado pola Fundación Rosalía de Castro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario