domingo, 26 de enero de 2014

Día da Paz


Este ano celebraremos o Día da Paz cantando o "Va pensiero" (Voa pensamento) un coro que o pobo italiano adoptou como himno que, entresacado da famosa ópera de Verdi, Nabucco,   representou os seus anceios de independencia e liberdade e que hoxe en día, por extensión, segue a identificarse como un canto dos pobos á liberdade. Hoxe queremos lembrar a este popular compositor de quen o pasado 10 de outubro se celebrou o 200 aniversario do nacemento e que mellor que facelo a través do acto promovido por outro famoso músico, neste caso cantante, nomeado Mensaxeiro da Paz polas Nacións Unidas: Luciano Pavarotti
 
Tampouco queremos esquecernos de outro aniversario, esta vez inmensamente triste e considerado por algúns a primeira gran catástrofe do século XX: Este ano cúmprese un século do comezo da 1ª Guerra Mundial (1914-1918), á que chamaron a Gran Guerra e que deixou o triste balance duns oito millóns de mortos. Tamén se cumpre o 75 aniversario do comezo da 2ª Guerra Mundial (1939-1945) que moito mais devastadora deixou uns 55 millóns de mortos e o 25 aniversario doutro evento consecuencia da guerra: A caída do muro de Berlín. Todos estes acontecementos deixaron unha fonda pegada na nosa Europa actual, na súa distribución, na economía...no noso mundo; por iso con ocasión do Día da Paz queremos invitarvos a reflexionar sobre estos grandes desastres e as súas causas porque para non caer nos grandes erros da nosa historia o mellor sempre é coñecela.
 
 
 
 E o nosa derradeira lembranza nesta data vai para outra morte pero que, neste caso, supón polo seu exemplo, unha chamada á esperanza na libertade e na igualdade: a de Nelson Mandela que finou o pasado 25 de decembro. Del destacamos entre outras moitas das súas frases como última reflexión para a paz: "Sempre parece imposible ata que se fai". Neste enlace podedes consultar o traballo que desde a Biblioteca da Cañiza elaboraron sobre as súas frases: Frases de Mandela e á proposta de Caza de Tesouros do Ceip Conde de Fenosa.
Un adeus a  Mandela: "Asimbonanga" (Dín que non o viron)
 
 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario