domingo, 26 de enero de 2014

Día da Paz


Este ano celebraremos o Día da Paz cantando o "Va pensiero" (Voa pensamento) un coro que o pobo italiano adoptou como himno que, entresacado da famosa ópera de Verdi, Nabucco,   representou os seus anceios de independencia e liberdade e que hoxe en día, por extensión, segue a identificarse como un canto dos pobos á liberdade. Hoxe queremos lembrar a este popular compositor de quen o pasado 10 de outubro se celebrou o 200 aniversario do nacemento e que mellor que facelo a través do acto promovido por outro famoso músico, neste caso cantante, nomeado Mensaxeiro da Paz polas Nacións Unidas: Luciano Pavarotti
 
Tampouco queremos esquecernos de outro aniversario, esta vez inmensamente triste e considerado por algúns a primeira gran catástrofe do século XX: Este ano cúmprese un século do comezo da 1ª Guerra Mundial (1914-1918), á que chamaron a Gran Guerra e que deixou o triste balance duns oito millóns de mortos. Tamén se cumpre o 75 aniversario do comezo da 2ª Guerra Mundial (1939-1945) que moito mais devastadora deixou uns 55 millóns de mortos e o 25 aniversario doutro evento consecuencia da guerra: A caída do muro de Berlín. Todos estes acontecementos deixaron unha fonda pegada na nosa Europa actual, na súa distribución, na economía...no noso mundo; por iso con ocasión do Día da Paz queremos invitarvos a reflexionar sobre estos grandes desastres e as súas causas porque para non caer nos grandes erros da nosa historia o mellor sempre é coñecela.
 
 
 
 E o nosa derradeira lembranza nesta data vai para outra morte pero que, neste caso, supón polo seu exemplo, unha chamada á esperanza na libertade e na igualdade: a de Nelson Mandela que finou o pasado 25 de decembro. Del destacamos entre outras moitas das súas frases como última reflexión para a paz: "Sempre parece imposible ata que se fai". Neste enlace podedes consultar o traballo que desde a Biblioteca da Cañiza elaboraron sobre as súas frases: Frases de Mandela e á proposta de Caza de Tesouros do Ceip Conde de Fenosa.
Un adeus a  Mandela: "Asimbonanga" (Dín que non o viron)
 
 
 

 

jueves, 23 de enero de 2014

Nadal: Unha árbore de libros


Así quedou este Nadal o noso abeto da Biblioteca no medio dun campo de libros referidos a estas datas ao alcance da man de todo o alumnado.

Polo San Martiño trompos ao camino….


O Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha xornada de convivencia cos avós na que viñeron ensinarnos (a alumn@s e profes) a xogar aos trompos. A Biblioteca colaborou aportando información para completar a orixinal e colorida exposición de trompos decorados que realizou o noso alumnado.

Exposición Álbumes Ilustrados

Coma no outono que enche as paisaxes de cores, enchíuse un recuncho do noso centro porque ata el chegaron as mais fermosas palabras acompañadas das mais fermosas ilustracións. Durante o mes de novembro e coa inestimable colaboración de Gracia Santorum, incansable trafegadora de Ronseis, o Consorcio Editorial Galego e a Editorial Edelvives fumos quen de ambientar un recuncho lector por onde o noso alumnado foi pasando para poder admirar e disfrutar dunha mais que interesante colección de álbumes ilustrados. Aquí vos deixamos tamén unha reseña que agradecemos profundamente: El gran acierto del rincón de la lectura.


Roxiña cal fresca rosa.....Cantares Gallegos

Benvid@s a esta nova canle de comunicación coa nosa Biblioteca!
 Continuamos na nosa andaina agardando desde aquí poder estar un pouquiño mais perto de todos vós. E que mellor para acompañar esta presentación que facelo da man da nosa mais recoñecida poetisa. Ao longo do 2013 desde a Biblioteca do centro quixemos destacar a celebración dos 150 anos do nacemento dunha revolución literaria da man dunha muller: Rosalía de Castro e a publicación dos seus “Cantares Gallegos”. Tamén a conmemoración do “Ano Internacional da Esfera da Auga”. Do intento de refundir estes dous eventos e coa colaboración dos Departamentos de Dinamización Lingüística, TICS e Música xurdíu este vídeo co que participamos na 1ª edición de “Nós tamén creamos” convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel quixemos amosar estes dous eventos cunha unha visión integrada no día a día da escola e de aí este vídeo traballado a partires do poema “Ao Sr. D. Camilo Álvarez e Castro, Chantre da Catedral de Salamanca” (“Roxiña cal sol dourado…”) que, entre augas, regatos, fontes e bágoas nos fala das penas fondas de quen se sinte extrana na súa propia terra, de quen é discrimanada só polo feito de nacer un pouco mais lonxe... pero que non por iso deixa de reivindicar a súa orixe.